A deforestación é a tala indiscriminada de superficies forestais, é dicir, dos bosques (por exemplo). É un proceso que se leva a cabo co fin de aproveitar esa madeira, ou utilizar a terra para outra actividade, como podería ser a agricultura, para dar pé a cultivos comerciais como o aceite de palma e o caucho. A maior parte das veces, esta actividade é insostible e ilegal. A expansión agrícola é o motor directo de casi o 90 % da deforestación mundial.

E como afecta isto á sostibilidade? A deforestación, que como se dixo antes é a eliminación ou degradación dos bosques, impacta negativamente na sustentabilidade porque reduce a capacidade do planeta para manter un equilibrio ecolóxico.
Recursos naturais: A explotación excesiva da madeira e doutros produtos forestais pon en risco a capacidade das futuras xeracións para aproveitar estes recursos de maneira sostible.
Impacto nas comunidades locais: A deforestación afecta ás poboacións que dependen dos bosques para a súa subsistencia, reducindo a súa calidade de vida.
Perda da biodiversidade: Os bosques cobren case o 31 % da superficie do noso planeta e albergan máis do 80% de todas as especies terrestres de animais, plantas e insectos. Polo que moitas especies e ecosistemas se ven afectados.
Desertificación: a superficie, é dicir a capa superior, contén moitísimos nutrientes e cando se quitan as árbores ou outras formas de vida similares a eles, estes se perden, debido á chuvia e á erosión. A súa perda fai que o chan sexa inútil; xa non vai poder usarse para cultivar ou albergar outros seres vivos. Finalmente converterase nun deserto.
Onde ocorre a deforestación?
América : aqui poderíanse mencionar o Amazonas e o Cerrado, dous dos bosques tropicais máis grandes do continente. A expansión da gandería e a agricultura intensiva son as principais causas da deforestación.
Asia: Borneo e Indonesia. A produción de aceite de palma é unha das principais causas da perda de bosques nesta rexión.
África: A Cuenca do Congo Contén unha gran parte dos bosques tropicais do mundo, pero está en risco debido á explotación de recursos naturais.
Que podemos facer para evitar que ocorra?
- Consumir produtos que sexan sostibles.
- Aforrar enerxía.
- Reducir o uso do papel.
- Comprar cousas de segunda mano.
- Utilizar produtos orgánicos.
- Consumir cousas de empresas que se comprometan coa sostebilidade.
Deja una respuesta