A Pegada de Carbono: Responsabilidade e Sustentabilidade

Sabedes que é a pegada de carbono e porque está tomando tanta relevancia nos últimos anos? Pois queda ata o final e o descubrirás.

A pegada de carbono é o indicador ambiental dos gases de efecto invernadoiro que deixan as actividades humanas. Conta tanto as emisións directas como as indirectas de compostos como o metano, o óxido de nitróxeno, os hidrofluorocarburos e o dióxido de carbono, entre outros.

Nestes últimos anos está tomando moita relevancia. Isto é debido as súas consecuencias a largo prazo se mantemos estes niveis de contaminación tan elevados.

Moitos gases de efecto invernadoiro prodúcense de forma natural pero a nosa actividade está causando un aumento moi notorio da produción de CO2, isto causa cambios no medio ambiente moi notorios dende fenómenos meteorolóxicos extremos ata migracións masivas ou a extinción dalgunha especie.

Como podo calcular a miña pegada de carbono?

Pódese calcular a túa emisión de carbono dun xeito moi sinxelo e rápido, isto grazas á ONU que habilitou unha calculadora da pegada de carbono como medida de concienciación para que a xente dese conta do que contamina.

https://offset.climateneutralnow.org/footprintcalc solo debes de seguir os pasos que te indica a propia páxina.

Como podo reducir a miña pegada de carbono?

Opta por modos de transporte sostibles:

  • Usa a bicicleta ou camiña para desprazamentos curtos.
  • Considera o transporte público ou comparte coche cando sexa posible.
  • Se estás pensando en cambiar de vehículo, unha opción eléctrica ou híbrida pode ser unha gran aposta.

Reduce o consumo de enerxía en casa:

  • Apaga luces e dispositivos electrónicos cando non os uses.
  • Cambia a bombillas LED, que consumen menos enerxía.
  • Se podes, instala paneis solares ou busca unha compañía que forneza enerxía renovable.

Alimenta o teu corpo de forma máis sostible:

  • Aumenta o consumo de alimentos de orixe vexetal e reduce o consumo de carne e produtos lácteos.
  • Compra produtos locais e de tempada para diminuír as emisións asociadas ao transporte.

Minimiza residuos:

  • Opta polo reciclaxe e o compostaxe sempre que poidas.
  • Reduce o uso de plásticos dun só uso elixindo produtos reutilizables.
  • Compra só o que necesitas para evitar o desperdicio.

Apoia iniciativas verdes:

  • Plántalle cara ao cambio climático plantando árbores ou apoiando proxectos de reforestación.
  • Únete ou colabora con organizacións que traballen pola sustentabilidade.

Bueno agora que xa sabes o que é a pegada de carbono como saber a que produces e como reducir as túas emisións non tes escusa.

03/2025