Qué e a moda rápida?
A moda rápida é un fenómeno na industria da moda caracterizada pola produción rápida de roupa, como xa indica o seu nome, e a creación de accesorios a baixo custo. As empresas de moda rápida céntranse en lanzar novas coleccións con moita frecuencia. Este tipo de moda apóiase na man de obra barata e, a miúdo, con condicións laborais cuestionables.
O ciclo de vida das prendas é curto: prodúcense en masa, consúmense moi rapidamente e desbótanse igual de rápido.
As marcas de moda rápida utilizan materiais de baixa calidade, os cales teñen un impacto moi negativo no medio ambiente.
A industria xera unha gran cantidade de residuos téxtiles; contribuíndo así á contaminación.
É dicir, a moda rápida, é esa tendencia que tende a seducirnos cos seus deseños maiormente copiados e os seus prezos accesibles, e ten un lado escuro que debemos coñecer.

Cal e o impacto no medio ambiente?
A moda rápida ten un impacto significativo no medio ambiente.
As empresas deste sector empregan materiais sintéticos como o poliéster, o cal deriva do petróleo e tarda séculos en descompoñerse.
Esta produción xera unha enorme cantidade de gases de efecto invernadoiro. Ademais, o cultivo de algodón, o cal e un dos materiais máis usados para producir roupa, consume cantidades inimaxinables de auga; para poros en contexto, para facer unha soa camiseta de algodón fan falta ao redor duns 2.700 litros de auga.
Este recurso é escaso en moitas rexións do mundo, e o seu uso excesivo contribúe á escaseza de auga doce.
O uso de produtos químicos na fabricación téxtil tamén contamina os recursos hídricos; moitos destes produtos son tóxicos por lo que son daniños tanto para os ecosistemas coma para a saúde humana.
As augas residuais sen tratar son vertidas en ríos e mares, afectando aos organismos que residen neles e contaminando a auga potable que todos usamos.
Ademais, tamén fomenta un consumismo desmesurado: as persoas mercan máis do que realmente precisan, e as prendas, ao ser baixa calidade, desbótanse rapidamente. Estes residuos téxtiles rematan en vertedoiros, onde tardan anos en descompoñerse.
En resumo: a moda rápida contribúe á contaminación atmosférica, ao esgotamento de recursos hídricos e dana enormemente a comodidade da vida mariña.

Por qué se dise que é malo?
Ao ano mais de 800.000 toneladas de roupa acaban sendo queimadas ou no vertedoiro. Xa que a roupa ao ser de mala calidade rompe moi fácil, por ende, a xente desfaise dela.
Solo na Unión Europea tirase uns 7 millóns de toneladas de roupa ao ano.
O que é 16 quilos por persoa.
En España mais ou menos 21 quilos por cidadán ao ano.
O que e unha barbaridade, considerando que cada prenda de roupa que tirase soe estar en bo estado e podería destinarse a outras persoas que a necesitan.
A parte do dito anteriormente, as empresas de roupa (vamos centrarnos na información que temos de Shein xa que e unha marca moi coñecida) soen explotar aos seus traballadores, facendo que fagan horas inhumanas, mais de dez horas ao día, e mais de 75 horas semanais sen ningún tipo de descanso, con só dereito de un día de baixa ao mes, a parte diso una gran porcentaxe de traballadores son menores de idade, xa que contratan á xente dende os oito ata os vinte e dous anos. Os cales cobran solo 570 € por mes.
Que marcas contribúen?
- Zara
- H&M
- Shein
- Pull & Bear
- Bershka
- ASOS
- Mango
- Stradivarius
- Massimo Dutti
- Primark
Aínda que non hai marcas específicas que se opoñan completamente á moda rápida, hai algunhas que se esforzan por ser máis sostibles e éticas nas súas prácticas, como as seguintes:
1. Good On You: E unha aplicación que cualifica ás marcas de moda en función da súa ética e sustentabilidade.
2. Fashion Takes Action: Unha organización sen ánimo de lucro que utiliza a educación, a concienciación e a investigación para avanzar na reciclación no sector da moda.
3. Fashion for Good: Unha plataforma nos Países Baixos que reúne a todo o ecosistema da moda para promover materiais seguros, enerxía limpa e renovable, auga limpa e condicións de vida e traballo seguras.
4. Fixing Fashion: É unha comunidade deseñada para axudar aos cidadáns a reparar as súas propias prendas.
5. Fair Wear: Unha organización sen ánimo de lucro que traballa para atopar formas máis xustas de fabricar roupa, colaborando directamente con fábricas, sindicatos, ONGs e gobernos para evitar a explotación de xente vulnerable.
Como podemos terminar con ela ou non contribuír?
Tenta Escoller Marcas mais sostibles.
Apoia marcas que comprometánse coa sustentabilidade. Busca aquelas que utilizan materiais ecolóxicos, prácticas de comercio xusto e teñen políticas transparentes sobre a súa cadea de subministración.
Reciclar e evitar desfacerse da roupa de forma temprana.
Recicla a túa roupa doándoa ou intercambiándoa con amigos ou a través de programas de reciclaxe de roupa. Tamén podes darlle nova vida ás túas prendas mediante a personalización ou a reparación.
Mercar de segunda man, como en tendas en liña que especializanse en moda de segunda man. Isto reduce a demanda de roupa nova e dá unha segunda oportunidade ás prendas.
Apoiar e dar visibilidade aos movementos anti-consumistas.
Se todos colaboramos, poderiamos contribuír a preservar este mundo con toda a súa beleza, sen estar afogada nas nosas prendas.
Deja una respuesta