A pegada dixital do consumo: internet tamén contamina

Todos pensamos en reducir o noso gasto enerxético de maneira direta, reducir o consumo eléctrico, aforrar auga, as tres R cos refugallos, pero tamén contaminamos o noso mundo mediante outras accións, pero neste caso vamos falar do internet.

¿Sabíades que cada busquéda no teu buscador favorito ou cada foto do teu día gardada na nube gasta bastante enerxía? Iso é así, pensade, cada busqueda ten que emitir unha sinal a rede, esta ten que ser procesada e enviada una resposta ao mellor dun servidor que pasa as 24 horas do día encendido en Norteamerica, claramente isto gasta pouca enerxía de forma individual pero, multiplicade este pequeno gasto de so 0,0003kWh por 6.000.000.000 que son as busquedas só en google diarias e nos daría 1.800.000 kWh diariamente só en busquedas de google, este dato e apasmante, 1.440.000 euros só en busquedas en google ao ano. Aínda ca peor parte non é a monetaria, senon a contaminación xerada por este gasto, xa que para gastar todos eses kWh hay que xeralos, e cos sistemas actuais supón unha cantidade enorme de carbón, materiais radioactivos, etc…

Que podemos facer para frenar isto?

-Reducir o uso da nube: Evitar gardar todo en servizos dixitais e organizar os documentos no ordenador ou en discos externos.

Optimizar as buscas en internet: Se xa coñecemos a páxina que queremos visitar, ir directamente ao sitio web en vez de buscar en Google.

Baixar a calidade do streaming: Non sempre é necesario ver vídeos en alta resolución, sobre todo en dispositivos pequenos.

Eliminar correos electrónicos innecesarios: As limpezas periódicas de correos e arquivos dixitais reducen a carga sobre os servidores.

Usar motores de busca ecolóxicos: Existen alternativas como Ecosia, que empregan os beneficios para plantar árbores e compensar a pegada de carbono.

A pegada dixital é algo do que falamos pouco, pero pode marcar unha diferenza no consumo responsable. Pequenos cambios individuais poden transformar a forma en que usamos a tecnoloxía sen renunciar ás vantaxes da era dixital.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *