As 3R: Reducir, Reutilizar e Reciclar
Hoxe en día, todo o mundo fala de coidar o planeta, pero, para iso, hai que saber algo básico: as 3R. Son súper importantes porque nos axudan a xerar menos lixo e a vivir dun xeito máis ecolóxico.
- Reducir: É fácil. Só hai que intentar comprar menos cousas que non necesitamos ou escoller produtos que non leven tanto embalaxe. Por exemplo, en vez de mercar botellas de plástico cada día, podes usar unha botella reutilizable e xa está.
- Reutilizar: Aquí entra a parte creativa. Pódense usar cousas vellas para algo diferente. Por exemplo, os frascos de vidro poden converterse en decorativos ou servir para gardar cousas. E aínda mellor: a roupa que xa non usamos pode transformarse en algo chulo, como bolsas ou trapos.
- Reciclar: É cuestión de separar os materiais como plástico, vidro ou cartón nos colectores adecuados. Así asegúraste de que se transformen en algo novo en vez de acabar contaminando o medio ambiente.
consecuencia
Todo está cheo de lixo: Se non reducimos o que consumimos, nin reciclamos, o lixo remata en todas partes: ríos, praias e incluso onde vivimos. Vai ser coma un planeta-basura.
Destruímos a natureza: Para seguir fabricando cousas sen límite, cortamos árbores, esgotamos recursos e matamos os hábitats dos animais.
Os animais sofren: Moitos animais confunden plásticos co seu xantar e moitos morren por culpa diso. Ademais, os vertedoiros de lixo invaden os seus espazos naturais.
Deja una respuesta