O problema da deforestación

A deforestación é a tala indiscriminada de superficies forestais, é dicir, dos bosques (por exemplo). É un proceso que se leva a cabo co fin de aproveitar esa madeira, ou utilizar a terra para outra actividade, como podería ser a agricultura, para dar pé a cultivos comerciais como o aceite de palma e o caucho. A maior parte das veces, esta actividade é insostible e ilegal. A expansión agrícola é o motor directo de casi o 90 % da deforestación mundial.

E como afecta isto á sostibilidade? A deforestación, que como se dixo antes é a eliminación ou degradación dos bosques, impacta negativamente na sustentabilidade porque reduce a capacidade do planeta para manter un equilibrio ecolóxico.

Recursos naturais: A explotación excesiva da madeira e doutros produtos forestais pon en risco a capacidade das futuras xeracións para aproveitar estes recursos de maneira sostible.

Impacto nas comunidades locais: A deforestación afecta ás poboacións que dependen dos bosques para a súa subsistencia, reducindo a súa calidade de vida.

Perda da biodiversidade: Os bosques cobren case o 31 % da superficie do noso planeta e albergan máis do 80% de todas as especies terrestres de animais, plantas e insectos. Polo que moitas especies e ecosistemas se ven afectados.

Desertificación: a superficie, é dicir a capa superior, contén moitísimos nutrientes e cando se quitan as árbores ou outras formas de vida similares a eles, estes se perden, debido á chuvia e á erosión. A súa perda fai que o chan sexa inútil; xa non vai poder usarse para cultivar ou albergar outros seres vivos. Finalmente converterase nun deserto.

Onde ocorre a deforestación?

América : aqui poderíanse mencionar o Amazonas e o Cerrado, dous dos bosques tropicais máis grandes do continente. A expansión da gandería e a agricultura intensiva son as principais causas da deforestación.

Asia: Borneo e Indonesia. A produción de aceite de palma é unha das principais causas da perda de bosques nesta rexión.

África: A Cuenca do Congo Contén unha gran parte dos bosques tropicais do mundo, pero está en risco debido á explotación de recursos naturais.

Que podemos facer para evitar que ocorra?

  1. Consumir produtos que sexan sostibles.
  2. Aforrar enerxía.
  3. Reducir o uso do papel.
  4. Comprar cousas de segunda mano.
  5. Utilizar produtos orgánicos.
  6. Consumir cousas de empresas que se comprometan coa sostebilidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *