Ética: elixir produtos e servizos que se elaboren de forma ética, sostible e que respecten valores como os dereitos humanos, a igualdade e a xustiza social.
Crítico: é necesario traballar na deconstrucción de crenzas impostas, pensando de forma crítica para cuestionar e decidir de maneira consciente sobre as nosas decisións de consumo.
Conciencia: o cambio cara a un consumo máis sostible e consciente está en mans de todos. Cada decisión de compra conta e pode ter un impacto significativo no medioambiente e na sociedade.
Sostible: tratar de construír e fomentar un estilo de vida sostible, con menos residuos e que respecte o medioambiente.
Economía circular: adopta a regra das 3Rs (Reducir, Reutilizar e Reciclar), a cal busca minimizar a produción de residuos e maximizar a reutilización dos recursos dispoñibles.
Solidariedade: é necesario apoiar ás empresas locais e ás pequenas empresas que traballan a favor da sustentabilidade e a equidade.
Educación: tamén é imprescindible informarse e educar aos demais sobre os beneficios e a importancia do consumo responsable.
Saudable: esta práctica fomenta a creación de hábitos e contornas naturais máis saudables, o que, á súa vez, xera un maior benestar e felicidade nas persoas.
Deja una respuesta