Psicoloxía do consumo, como tomamos decisións de compra sen decatarnos

A psicoloxía do consumo estuda como as emocións, percepcións e procesos mentais inflúen nas decisións de compra das persoas. Non sempre compramos de maneira racional; moitas veces as nosas eleccións están condicionadas por estímulos externos e internos que nos fan escoller determinados produtos ou marcas.

Este tipo de psicoloxía ten uns pùntos claves que trataremos a continuaciación:

Compra impulsiva


A dopamina xoga un papel importante cando adquirimos algo sen planificar. Moitas campañas de marketing aproveitan isto ofrecendo descontos limitados ou creando sensación de urxencia.


As marcas constrúen narrativas emocionantes que fan aos consumidores percibilas como parte da súa identidade. É por iso que moitas persoas pagan máis por certos produtos só pola súa marca.


A xente tende a valorar un prezo en relación con outro. Se ves un produto custando 200€, pero con desconto a 150€, probablemente percibas que estás facendo unha boa compra, aínda que o valor real do produto sexa menor, polos seus materiais ou pola orixe das prendas.


As recomendacións, tendencias e presión social teñen un gran impacto no consumo. Por exemplo, a moda e os estilos de vida que vemos nas redes sociais afectan ás nosas decisións.


O efecto placebo nos produtos (como pensar que un viño caro sabe mellor) ou o sesgo de confirmación (preferimos información que valide as nosas eleccións previas) tamén xogan un papel clave.

En definitiva, a psicoloxía do consumo móstranos que as nosas decisións de compra non sempre son racionais, senón que están influídas por emocións, percepcións e estímulos externos. As marcas e o mercado utilizan estratexias baseadas na neurociencia e na psicoloxía para guiar as nosas eleccións, moitas veces sen que sexamos plenamente conscientes diso.

Adán Castro 05/2025

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *