
A produción téxtil utiliza moita auga, ademais de terras para cultivar algodón e outras fibras. Para elaborar unha soa camiseta de algodón, as estimacións indican que se necesitan 2.700 litros de auga doce: a cantidade de auga que unha persoa bebe en dous anos e medio.
O sector téxtil foi a terceira fonte de degradación da auga e do uso do chan en 2020. Ese ano tamén, necesitouse unha media de nove metros cúbicos de auga, o uso de 400 metros cadrados de terra e 391 quilogramos (kg) de materias primas para proporcionar roupa e calzado a cada cidadán da UE.
Segundo a Axencia Europea de Medio Ambiente, as compras de téxtiles na UE en 2020 xeraron ao redor de 270 Kg de emisións de CO2 por persoa. Isto significa que os produtos téxtiles consumidos na UE xeraron unhas emisións de gases de efecto invernadoiro de 121 millóns de toneladas.
Cando as persoas desfanse da roupa non desexada adoitan tirar as pezas en lugar de doalas. Menos da metade da roupa usada recóllese para ser reutilizada ou reciclada, e só o 1% recíclase en roupa nova, xa que as tecnoloxías que permitirían reciclar a roupa en fibras virxes están a empezar a aparecer agora.
Os europeos consumen de media case 26 kg e despréndense duns 11 kg de téxtiles cada ano. A roupa usada pode exportarse fóra da UE, pero a maioría (87 %) é incinerada ou depositada en entulleiras.
A MODA RÁPIDA
Nos últimos anos, a industria téxtil experimentou unha drástica transformación; as modas veñen e van a unha velocidade cada vez maior, e o que antes podía manterse en tendencia durante un período maior a un ano agora só mantense baixo o foco durante escasos meses. O feito de que estas pezas estén destinadas a ser esquecidas en tan pouco tempo provocou que as marcas de roupa deixen de centrarse na calidade do produto, poniéndoles unha data de caducidade a moi curto prazo. A este fenómeno denomínaselle fast fashion ou moda rápida, e é un dos maiores problemas aos que se enfrontasén as futuras xeracións se non se produce un cambio na población.
Os materiais dos que adoitan estar feitas as pezas na moda rápida adoitan ser artificiais e requiren grandes cantidades de produtos químicos tóxicos que acaban sendo vertidas nas augas dos países nos que se fabrican, afectando non só ao propio ecosistema, senón también ás persoas que viven preto destas augas. A isto súmanse os extensos volúmenes de auga que se necesitan para a súa confección, antepoñendo ésta ás necesidades de auga da población

SOLUCIÓNS Á MODA RÁPIDA
Como parte do plan de acción da economía circular, a Comisión Europea presentou en marzo de 2022 unha nova estratexia para facer que os téxtiles sexan máis duradeiros, reparables, reutilizables e reciclables, facer fronte á moda rápida e estimular a innovación no sector.
A nova estratexia inclúe novos requisitos de deseño ecolóxico para os produtos téxtiles, información máis clara para o consumidor, un Pasaporte Dixital de Produto e pide ás empresas que asuman a súa responsabilidade e actúen para minimizar as súas pegadas de carbono e medioambiental
Deja una respuesta